• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
A banda da Loba

Integrada por cinco mulleres que decidiron unir as súas traxectorias individuais para dar voz a este novo proxecto, destaca a creación dun repertorio propio baseado tanto en letras da súa autoría como en musicalizacións de poetas célebres ou textos dos poemarios de escritoras contemporáneas. Todo baixo un estilo ecléctico e heteroxéneo que bebe do rock, pop, ou folk, e fai do seu repertorio un fantástico calidoscopio musical.

En decembro de 2017 saíu á rúa o seu primeiro traballo discográfico, “Bailando as rúas”, onde contaron coa produción musical de Adrián Saavedra e as colaboracións de Guadi Galego e Tanxugueiras. Tras o éxito acadado e despois de dar máis de setenta concertos en ano e medio, dentro e fóra do noso territorio, presentan en 2019 o seu segundo disco, "Fábrica de luz”; un álbum de creación, reflexión e homenaxe en torno á idea de nai entendida nun sentido amplo. A lingua e a terra, son as primeiras nais, fábricas de luz. As creadoras que nos precederon e as que nos acompañan nesta viaxe son tamén fábricas de luz. As nosas nais, as vosas nais, todas as nais son fábricas de luz. Son fogar, tempo e amor incondicional. Son poder, loita e memoria.

Actualmente atópanse embarcadas na presentación do seu último EP "Hasme oír", un disco dedicado na súa totalidade a Xela Arias, escritora homenaxeada nas Letras Galegas 2021.

A banda da Loba son: Andrea Porto Mato (baixo), Estela Rodríguez Carvalho (violín), Inés Mirás (guitarras), Marcela Porto (percusión) e Xiana Lastra (voz).

Contratación

Seispés Producións Creativas
Xiana Lastra
682 410 689
info@seispes.com

Discografía

Hasme oír

A BANDA DA LOBA

2021, Seispés Producións Creativas

Fábrica de luz

A BANDA DA LOBA

2019, Seispés Producións Creativas

Bailando as rúas

A BANDA DA LOBA

2017, Seispés Producións Creativas

Vídeos

Intempériome

A BANDA DA LOBA

Adondar a lingua

A BANDA DA LOBA

Fábrica de luz

A BANDA DA LOBA

Pepa

A BANDA DA LOBA

Tres segundos

A BANDA DA LOBA, CON CELIA PARRA

Anagnórise

A BANDA DA LOBA

Tal vez tamén che gusten