• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
MJ Pérez

MJ Pérez é unha das voces presentes no panorama actual da música galega. Inicia o seu percorrido en 2014 e acumula máis de 150 concertos en Galiza e Portugal. Suma xa catro discos, un autoeditado e tres autoproducidos.

María José, natural de Arzúa, comeza en 2013 creando o álbum “Ollos que non ven, síntoma de cegueira”, o seu primeiro traballo. A partir de aquí inicia a súa andaina ofrecendo os primeiros concertos; é finalista do I Certame de Canción de Autor do Concello de Teo en 2014. Un ano despois, MJ lanza o seu segundo traballo, “Guerrilleira” (2015), un álbum de 12 temas unidos por un nexo común: a guerra.

Bebendo da mistura de estilos naceu o seu terceiro disco, “Casandra” (2017), ao que a artista chega logo de obter un segundo posto no VII Concurso Musical da Deputación da Coruña. MJ remata o ano cun primeiro posto na categoría musical do Xuventude Crea.

En 2019, MJ Pérez resulta finalista dos Premios Martín Códax da Música e presenta o seu primeiro single en portugués, ‘Vai Embora!’.

Logo de dous anos de xira con “Casandra”, MJ presenta o seu cuarto disco, “A Luz Prendida” a comezos de 2020. Un álbum de 15 temas cun claro cambio de rumbo na música da cantautora, que mantén a súa esencia, mais que evoluciona incorporando novos ritmos e estilos musicais ás súas composicións.

Discografía

A Luz Prendida

MJ PÉREZ

2020, Autoproducido

Casandra

MJ PÉREZ

2017, MJ Pérez

A Peza Solta

MJ PÉREZ

2016, MJ Pérez

Guerrilleira

MJ PÉREZ

2015, MJ Pérez

Ollos que non ven, síntoma de cegueira

MJ PÉREZ

2013, MJ Pérez

Vídeos

A Luz Prendida

MJ PÉREZ

Falan de Ti

MJ PÉREZ

Mariluz

MJ PÉREZ, A PANADARÍA

Vai Embora!

MJ PÉREZ

Cando Te Canses

MJ PÉREZ

O Fío Do Que Pendo

MJ PÉREZ

Tal vez tamén che gusten