María Domínguez é pianista, xestora cultural e investigadora artística. Foi premiada e apoiada por numerosas institucións como Via Zuid Talenmakelaar, Schiting Cultural Entrepreneurchip Maastricht, Maastricht Conservatory Foundation, Art Buro Limburg e Peter de Grote Festival. Entre os seus estudos, destaca o Máster en Interpretación de Piano Clásico no Conservatorio de Maastricht; o Posgraduado en Música Contemporánea co Ensemble Ictus e Spectra en Bruxelas; o Grao de Produción e Xestión Cultural no Centro de Alto Rendemento (ESMAR) de Valencia; e o Doutoramento en Innovación didáctica coa Universidade de Xaén.Nesta ocasión, María Domínguez propón un programa formado por obras de carácter minimalista cuxo principal obxectivo é, a través do piano e a electrónica, reducir o material musical ao esencial, desposuíndose de elementos sobrecargados propios da tradición virtuosista occidental e mergullando así ao público nunha atmosfera hipnótica, emocional e corpórea. Os sons acústicos tradicionais do piano fúndense organicamente coas sonoridades experimentais e vangardistas da música electrónica. O seu proxecto Koun(t)erpoint conseguirá, a través dunha coidada dramaturxia visual e sonora, facernos gozar dunha experiencia poética, íntima e envolvente.
Contratación
María Domínguez (+34) 667345578 mariadominguezpiano@gmail.com