• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Jules and The Wolf

Quen son Jules & The Wolf? Que fan?

Este trío coruñés, chegados ó mundo alá polos comezos do 2013, definen a súa música como puro rock alternativo, aínda que prefiren que cada quen tire as súas propias ideas tras escoitalos. En maio de 2015 publican o seu primeiro traballo; un EP baixo o título "Shores" onde se inclúen catro temas que expresan dous anos de duro traballo. Catro temas nos que a temática xira en torno a experiencias propias, paranoias ou mesmo aliens. Dende a súa publicación, non pararon, facendo chegar a súa música o máis lonxe posible. Concerto tras concerto maduran o seu son e intensifican a súa posta en escena na que dalo todo é unha constante.

Agora seguen presentando "Shores" por diferentes salas á par que traballan na composición do que será o seu próximo e sonado traballo.

Contratación

André - Jules & The Wolf
(+34) 622 219 370
julesandthewolf@gmail.com

Discografía

Shores

JULES & THE WOLF

2015, Jules & The Wolf

Vídeos

Nave 1839 (29-4-2016)

JULES & THE WOLF

In Your Eyes

JULES & THE WOLF

Tal vez tamén che gusten