• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Khitara

Khitara é unha agrupación cunha concepción instrumental bastante apartada do convencional: dúas guitarras eléctricas, dúas clásicas e instrumentos de percusión debuxan unha sonoridade moi orixinal na que a dozura e amabilidade dos instrumentos clásicos contrastan coa potencia e enerxía das guitárras eléctricas fusionándose, sen embargo, nun proxecto cheo de matices. Cada tema que Khitara interpreta soa íntimo, próximo, acústico e está aderezado con arranxos moi coidados nos que Carballido explota ao máximo cada instrumento.

O repertorio interpretado por Khitara abarca dende temas orixinais de Jose Carballido ata versións de clásicos do rock reinventados para esta orixinal formación. Algúns dos grupos que interpretaron e interpretan na actualidade son: Deep Purple, Led Zeppelin, Cream, Boston, Queen, Guns N’ Roses, Metallica... Isto, unido á extensa formación de cada un dos instrumentistas, garantiza un espectáculo de alta calidade no que calquera amante da música desfrutará dunha sonoridade tremendamente agrable.

Jose Carballido: voz solista, guitarra eléctrica, composición e arranxos

Mónica Pita y Xosé Antonio Rodríguez: guitarra clásica e coros

Daniel Añón: guitarra eléctrica e coros

Diego Lestón: percusión e coros

Contratación

Jose Carballido
(34) 686 666 148 - (34) 665 262 546
management@josecarballido.com

Discografía

Khitara

KHITARA

2016, Khitara

Vídeos

Te canto

KHITARA

November Rain

KHITARA

Intro + Stairway to Heaven

KHITARA

Tal vez tamén che gusten