Kalte Sonne é un trio instrumental de post-rock-metal formado en Lugo en 2013.En 2014, gravan o EP “The Hum” nos estudios Montealto (A Coruña) e comezar a pisar os escenarios. Ese mesmo ano gravan “Terra Incognita (Searching the New Word Part 1)” (2015), un corte de 15 minutos que presentan en diversos puntos da península.En 2016 sacan novo material, “Searching the New World Part2”; un split xunto a Octawitch con dous temas que suman 20 minutos, gravados por Iván Ferro en Kollapse Stvdio e masterizados en Audiosiege (Portland). Aquí continúa a evolución da banda, tanto a nivel de son como de composición. Presentando este traballo compartiron escenario con bandas como Aathma, Vircator ou Monkey3, percorrendo diversos puntos de España, Portugal, Francia e Italia.O primeiro longa duración, “Ekumen”, gravado e masterizado en Kollapse Stvdio, sae á luz en 2018; presentado este traballo, o grupo tivo a oportunidade de tocar en diversos puntos de España, Portugal e Reino Unido.Xunto á banda china ALPACA edítase en 2019 un split no que se inclúe o tema “Mareira”, novamente gravado en Kollapse Studio.En 2024 publícase o LP “Laniakea Communique”, un novo álbum de catro temas gravado en Kollapse Stvdio por Iván Ferro, quen colabora coa súa guitarra no tema ‘P3X-7763’ e coa participación de Abraham Cupeiro, que achega sonoridades exóticas ao tema ‘Anarres’, tocando dous instrumentos orixinarios de oriente medio: a Kawala (frauta de pastor) e o zurna (instrumento de vento de dobre lingüeta da familia dos óboes).
Contratación
Miguel 626 546 418 kaltesonnelugo@gmail.com