• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Tangata

TANGATA é unha formación que leva en activo dende 1988 de xeito ininterrompido. O seu repertorio está centrado en todo o que ten que ver co xénero do tango: tangos, milongas, valses. Con máis de cen temas no repertorio, tocan practicamente toda a historioa do tango dende compositores de principios do século XX, como Eduardo Arolas, ata música do gran renovador do xénero, o gran Astor Piazzolla, e mesmo teñen composto e gravado música orixinal. Os arranxos que interpretan foran feitos de xeito exclusivos para o grupo.

Nestes 30 anos de existencia a formación ten publicado tres discos: “Como en octubre” (1998), “Trece” (2000) e “Calambre” (2007), aos que hai que sumar o recentemente publicado para conmemorar este 30 aniversario, “Que 30 años no es nada” (2018).

Durante casi todo este tempo a violinista do grupo foi Laura Quintillán que non puido gravar este traballo mais seguirá colaborando con TANGATA.

A formación actual é a seguinte: Artigas Anelo, bandoneón (Uruguai); David Veiga, violín (Galicia); Alberto Vilas, piano (Galicia); Gustavo A. Barcia, contrabaixo (Galicia) e a incorporación, por vez primeira nun disco (non ao vivo), da voz de Enrique Migliarini (Arxentina).

Para “Que 30 años no es nada” contaron tamén coa colaboración da cantante galega Uxía.

Contratación

TANGATA
Alberto Vilas
649 589 132 - 653 770 808
albertovilasquintet@gmail.com

Discografía

Que 30 años no es nada

TANGATA

2018, Tangata

Calambre

TANGATA

2007, Falcatruada

Trece

TANGATA

2000, Edicións do Cumio

Como en octubre

TANGATA

1998, Edicións do Cumio

Vídeos

El día que me quieras

TANGATA, UXÍA

Chiqué

TANGATA

Tal vez tamén che gusten