• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Anxo Blas

O primeiro concerto foi o 28 de marzo de 2003 na Fundación Granell (Santiago de Compostela). O 9 de febreiro de 2004 gravo a maqueta “Saberis” nos estudios da Radio Galega baixo o control de Pablo Barreiro e, un ano despois, gravo a segunda baixo a dirección de P. Copin. A finais do 2009 aparece o disco “Euque”, gravado nos estudios de Casa de Tolos. En 2018 sae o meu último disco “Vivimos en Vigo” (2018).

Son un ourensán que vive en Vigo; aparentemente todo normal, como bo vigués tiven que nacer en Ourense, por iso o título do disco, onde reflexiono sobre as “incertidumes” de ser ourensán e vivir en Vigo.

Pódese dicir que sempre fun trobador e nunca exercera como tal. Antes facía música e poemas e sempre había algo na guitarra que tamén cantaba, pero era mínima a súa presenza. En 2015 comecei a facer composicións claramente de trobador, ou —como se di agora— de cantautor. A miña intención era reunir un puñado de cancións, facerlles os arranxos correspondentes para corda e comezar a cantar. Mais nunca se me ocorrería dar un concerto eu só coa guitarra, ata que chegou a chamada de Leo para cantar con cantautores en Vigo, e así o proceso acelerouse ata hoxe.

Prefiro ser paraugueiro trobador, porque conto mentiras que falan de verdades e verdades que parece mentira que sexan certas. Como os bos paraugueiro de antano, aprendo de todos os lugares por onde ando, de todas as conversas, de todas as experiencias que me ofrece a vida para facer cancións con vida, cancións con crítica, con retranca ou musicando poemas.

Contratación

Anxo
661 074 358
anxoblas@gmail.com

Discografía

Vivimos en Vigo

ANXO BLAS

2018, Anxo Blas

Vídeos

Morro en ti

ANXO BLAS

De cando en vez

ANXO BLAS

Tal vez tamén che gusten