Ezetaerre son un grupo de rap combativo e en galego formado polo Garchu (A Coruña), o Pirola (Ourense) e o Petrowski (O Porriño). A súa andaina comeza en 2016 na Coruña, onde comparten estudos, loitas e experiencias no movemento estudantil. Despois da publicación do longo "Aspiracións mínimas e urxentes" (2017), o maxi "100" (2017) e varios singles ("A herdanza do vento", "Non é verán de Estrella Damm" e "Esmorga Inferno"), presentan "Pólvora e tormenta" (2018): un traballo no que establecen paralelismos entre a actualidade e os Estados Unidos dos anos 30, asolados pola crise e polo Dust Bowl. Nel tamén fan unha homenaxe á voz dos cantautores antifascistas, que transmitiron a rabia e a loita dun pobo sumido na fame e na miseria.Novas letras, novos ritmos e novas ideas, sempre sen esquecer esas tres palabras que os acompañan dende o comezo: dignidade, solidariedade e humildade.
Contratación
Santa GuerrillaXose 609 893 459 viva@santaguerrilla.com