Dios Ke Te Crew nace en Ordes (A Coruña) en 2003, froito da unión entre dous grupos coñecidos de rap galego: 5Talegos e Ghamberros. En 2006 sae á luz o primeiro LP do grupo, “Xénese”, considerado un dos traballos máis influentes da escena musical galega e pedra angular do hip-hop feito en galego.En 2013 son seleccionados por Girando por Salas e Artistas en Ruta e lanzan o EP “Dez”, logo dunha xira por todo o estado e coincidindo co seu décimo aniversario como formación musical. Ao ano seguinte, gañan o premio ao Mellor Grupo de Hip-Hop e Músicas Urbanas nos I Premios Martín Códax da Música.En abril de 2019 publican o seu terceiro e esperadísimo longa duración: “O ciclo da serpe”, precedido de dous adiantos en forma de videoclips cunha coidada factura cinematográfica: ‘Silencio’ e ‘Melancolía’; ambos singles forman parte do disco. O grupo tomou a difícil decisión de non realizar actuacións ao vivo ata que as condicións, para público e banda, fosen axeitadas ao seu formato característico de show; e aproveitaron o “suspenso” provocado pola COVID-19 para crear novos contidos. Froito desa elección chega este novo e agardado traballo, que precederá á nova xira de actuacións en directo da mítica banda galega de rap.
Contratación
Nalgures Producións SLMerchi 982 25 02 45 - 628 13 37 15 contratacion@nalgures.com