Isidro Vidal considérase un gaiteiro urbán do s. XXI, que funde as técnicas interpretativas de vangarda co uso de loopers, delays e outros moduladores de onda, creando un son propio, afastado do folk clásico.O seu repertorio está formado maiormente por obras de creación propia, inspiradas na música de tradición oral galega con tintes de música folk e movementos de construción melódica de vangarda.Logo do éxito do seu proxecto de composición diaria #composicion365, realizado durante o 2018, pon en marcha a gravación do seu primeiro traballo discográfico en solitario previsto para a súa comercialización para finais de setembro de 2019.O 21 de maio de 2019 publica o seu primeiro single, "BOOM", co selo Clipper's Sounds, baixo a produción musical de Carlos Mariño.
Contratación
Edicións Bordón Isidro Vidal 636 530 100 comunicacion@isidrovidal.com