• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Susana Martínez

Susana estudou música e canto en Estudio Escola de Música, entre outros cursos de formación musical e teatral. Logo de múltiples concertos, colaboracións vocais noutros discos, ser finalista en dous concursos de composición e cantactriz na obra O Libro da Selva, como personaxe principal e outros secundarios, desde hai uns anos traballa no seu propio proxecto en solitario.

Debuta con “Let’s Make a Change” (2017), gravado en Casa de Tolos, 10 cancións en inglés de estilo blues-funk-soul-pop. A temática abrangue desde o amor máis convencional ata a crítica ás duras consecuencias do sistema capitalista, a xenofobia ou o respecto ao medio ambiente, a ritmo de melodías pegadizas e bailables.

Con grandes músicos como Diego Pacheco e Ovidio López (guitarras), Segundo Grandío (baixo), Paulo Borges e Félix Cebreiro (pianos) e Alicia Grandío (batería), en 2020 edita o seu segundo disco, “Universal Love”, na mesma liña americana de soul-funk-pop, pero tamén nas nosas linguas co obxectivo de chegar a máis público, e estilos próximos aos 80 e 90. O fío condutor é o amor en todas as formas humanas, de aí o título do disco.

“Universal Love” contén unha rica variedade de ritmos, desde os máis bailables ata os máis intimistas, pasando por ritmos a medio tempo, o folk-pop de ‘Sálvame’, dúo con Magín Blanco, ou máis rockeiros e discotequeiros que nos trasladan a décadas pasadas, como ‘Give Up Your Mess’.

Gañadora do concurso Canción do Nadal 2019 pola composición da panxoliña (letra, música), 'O sinal', sobre unión, paz e solidariedade.

Contratación

Discografía

UNIVERSAL LOVE

SUSANA MARTÍNEZ

2020, AUTOEDICIÓN

O sinal

SUSANA MARTÍNEZ

2018, PAI EDICIÓNS, S.L.

Let’s Make a Change

SUSANA MARTÍNEZ

2017, PAI Edicións, S.L.

Vídeos

Like a wave (como una ola)

SUSANA MARTÍNEZ

É normal que esté así

SUSANA MARTÍNEZ

A casa da ledicia

SUSANA MARTÍNEZ

O sinal (lyric video)

SUSANA MARTÍNEZ

Take care of your soul

SUSANA MARTÍNEZ

Don't ever leave me alone

SUSANA MARTÍNEZ

Tal vez tamén che gusten