• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Margarida Mariño

Nada en Vigo e licenciada no Conservatorio Superior Liceo de Barcelona, a traxectoria de Margarida Mariño exténdese por agrupacións coma a Orquestra Sinfónica Vigo 430 (OSV430), a Orquestra Réssonnance (Suiza) ou La Via dei Concerti (Italia) entre outras.

A súa exploración dos límites sonoros e estéticos do violoncello leváronna a experimentar con xéneros onde o seu instrumento non é tan común, como o Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra, a música espontánea ou a participar en colectivos de improvisación libre.

A súa proposta en solitario presenta un repertorio orixinal para violoncello e voz inspirado en temas como a ecoloxía, o cambio climático ou as migracións humanas, utilizando pedais de efectos e loops cos que logra crear texturas únicas e complexas orquestracións que dan lugar a un estilo moi persoal e único no que xéneros tan aparentemente diverxentes coma o postrock, o trip-hop ou a música clásica vibran cunha soa voz.

Contratación

Margarida Mariño
635 788 701
margaridamarinosuarez@gmail.com

Discografía

Alcume

MARGARIDA MARIÑO

2021,

Cello&Electronics

MARGARIDA MARIÑO

2020,

Vídeos

Alcume

MARGARIDA MARIÑO

Despois da Galerna

MARGARIDA MARIÑO

Good Luck

MARGARIDA MARIÑO

Orixe

MARGARIDA MARIÑO

Golfiño

MARGARIDA MARIÑO

Enxame

MARGARIDA MARIÑO

Tal vez tamén che gusten