• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
kalighula-galicia

Co seu teclado e a súa voz, Fabio era nun principio o único integrante de Kalíghula-Galicia. Iniciouse no eido musical despois de recibir varios premios de poesía a finais dos anos 90, e axiña comezou a experimentar coa música como complemento do recitado poético para darlles ás letras un meirande dinamismo.

Xa presentou en Son de Cangas o seu espectáculo ‘Focabulario’, que colleitou a aceptación do público en varias actuacións pola comarca do Morrazo.

Na última etapa uniuse ao experimento Marci, exbaixista de Dos Pelos Negros e doutros grupos da zona, que se atreve coa creación de ritmos a través de aparellos electrónicos.

Contratación

Vídeos

Area nos ollos

KALIGHULA-GALICIA

Tal vez tamén che gusten