Deleiba nace en 2017 coa xuntanza de músicos de diversas formacións de Muros. O 2019 foi o ano no que nos mostramos ao mundo coa maior das honestidades. Lanzamos un EP de seis cancións antes de dar o noso primeiro concerto. Presentamos “El último eslabón” en festivais coma o Castelo Rock ou o Caudal Fest, e gañamos o Concurso de Bandas de Cuac FM.En 2020 estabamos preparando novo traballo, pero coa pandemia os plans viñéronse abaixo. Decidimos presentar os tres temas que xa tiñamos gravados no EP “MMXX” e en 2021 decidimos apostalo todo a un videoclip, ‘Erguerse’, a nosa primeira produción con Iago Pico en Pouland Studios. Seguimos sacando un sinxelo por ano (‘Alegre Falsedad’, 2022. ‘Viento del Norte’, 2023) e asaltamos os escenarios coma o Tsunami Xixón, o Resurrection Fest, Carrilanas de Esteiro ou o Castelo Rock, así como as salas máis emblemáticas de Galicia.En 2025, vimos de presentar o noso primeiro longa duración, “Ao revés do mundo”, producido por Iago Pico en Pouland Studios. Desa colaboración nace un álbum de punk rock melódico fresco e elaborado. Tomamos os nosos cimentos e liberámonos de todo tipo de complexos para compoñer cancións críticas, cancións íntimas e cancións de amor.
Contratación
Toxo VerdeJose Pereira 610 470 368 - 630 484 251 jose@toxoverde.gal