• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
¡Qué Desilusión!

Hai xa oito anos desde que Adri e Charlie coincidiron na capital galega. Sentáronse nun sofá, un día calquera, e comezaron a escribir cancións. Unha historia que continúa a día de hoxe, e que roza o meritorio, maís aínda se temos en conta a velocidade e sequedade que atravesamos estes días.

Ás portas de cumprir dez anos, a banda pontevedresa formada por Adri (voz e guitarra), Charlie (guitarra), Rubén (batería) e Alberte (baixo); soubo sobrepoñerse aos seus propios demos e continúa esgrimindo o rock coma arma arroxadiza. Dous discos publicados ata agora («A golpe de alfil» e «Remedios contra la mala suerte») nos que atesoran un rock eléctrico, cunha gran forza guitarreira e no que agochan as súas influencias musicais que van desde Leño a Foo Fighters, Barricada ou Los Enemigos.

Este 2017 antóxase prometedor, coa publicación dun novo single e un videoclip, no que ofrecen unha visión diferente das súas melodías e amosan a capacidade para moverse por novos terreos. No horizonte perfílase o seu terceiro disco, aínda que antes percorrerán boa parte da Península para amosar o directo, clave á hora de definilos: sincero e sen trampas.

Nomeados como mellor banda de rock da cidade de Pontevedra nos premios que a asociación PontevedraFerve outorga cada ano, souberon tamén vultivar boas críticas na prensa especializada, ademais de figurar coma teloneiros de recoñecidas bandas nacionais como Fe de Ratas, Forraje, Mägo de Oz ou Gatibu.

Discografía

Ojos Rojos (Single)

¡QUÉ DESILUSIÓN!

2017, Lanzadera Music

Remedios contra la mala suerte

¡QUÉ DESILUSIÓN!

2014, Santo Grial Producciones

A golpe de alfil

¡QUÉ DESILUSIÓN!

2012, El Subkoproducciones

Vídeos

Ojos Rojos (Videoclip oficial)

¡QUÉ DESILUSIÓN!

Atrápame

¡QUÉ DESILUSIÓN!

Sabes qué se siente

¡QUÉ DESILUSIÓN!

Esa estúpida sonrisa

¡QUÉ DESILUSIÓN!

Y como dormir

¡QUÉ DESILUSIÓN!

Tal vez tamén che gusten

Deleiba

Licor Café Rock Band

Ocean Gates

ASI/SI

Brutal

Dr. Garimba