• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Ocean Gates

Ocean Gates fórmase en Ferrol (Galicia) en marzo do 2018. A orixe da banda remóntase a decembro do ano anterior cando Moya (batería) e Santi (baixo), membros agora de Inerth, se atopaban de xira coa súa antiga banda, Looking For An Answer, e decidiron ir cara a adiante coa idea de formar unha banda de rock con Nuria (ex-Deadmask, ex-Electric Cats) ás voces. Pronto, tanto Mito (Holywater, Window Pane) como Rubén (ex-Ursus) uníronse ás guitarras, tendo lugar os primeiros ensaios en marzo. Sendo a idea principal do proxecto a de facer unha sincera homenaxe tanto ás clásicas como escuras bandas de hard-rock, psicodelia e progresivos dos anos setenta, así como ao vello doom-rock, punk e heavy metal.

Tomando como influencia conceptual as paisaxes esotéricas e realidades urbanas da súa contorna, gravan o seu primeiro disco homónimo con Paco Liaño durante 2019 nos Estudios Treboada (A Coruña), realizando a mestura e masterización Javier Ustara nos MPire Studio (Madrid).

A costa atlántica, terra de tormentas, naufraxios e vellos cultos, é o escenario perfecto para a súa música. As gretas na parede dunha agonizante cidade industrial... traballos sen futuro, casas abandonadas e pérdida continuada de poboación... depresión colectiva e negocios ilegais.

O álbum homónimo de Ocean Gates é editado a través de Boomland Records o 5 de outubro de 2020.

Contratación

Discografía

Ocean Gates

OCEAN GATES

2020, Boomland Records

Vídeos

Royal Dockyard

OCEAN GATES

Tal vez tamén che gusten