María Gabeiras é unha nova cantautora nacida en Vigo. Comezou a introducirse no mundo da música aos seus 9 anos cando os seus pais decidiron anotala a clases de canto; o seguinte paso foi aprender a tocar o piano e, máis tarde, iniciouse en acordeón no conservatorio municipal de Vigo.En 2016 deuse a coñecer tras a súa participación no programa televisivo “La Voz" como integrante do equipo de Rosario Flores. Agora, uns anos máis tarde, María volve sorprender co lanzamento do seu primeiro álbum.“Pequeñas Historias” (2020) é o disco co que debuta a artista viguesa no panorama da música independente. É un álbum autoproducido con cancións compostas e interpretadas a voz, piano e guitarra por ela mesma. Logo do seu lanzamento o pasado 19 de xuño de 2020, o EP xa se pode escoitar en todas as plataformas dixitais.
Contratación
636 425 962 mariarg659@gmail.com