Quilma é unha banda creada na Illa de Arousa en xullo de 2013. Formada orixinariamente por cinco compoñentes da localidade, o grupo foi variando os seus membros ata acadar a formación estable que mantén na actualidade.O son de Quilma defínese por unha orientación ao rock que ás veces pode ter tinguiduras pop, utilizando un tipo de estructuras pouco convencionais nas súas composicións, xa que escápanse un pouco da típica estrutura estrofa-retrouso, algo que, en resumidas contas, chegaron a definir con certa sorna como rockpopgresivo. O seu son é unha constante evolución das diferentes influencias dos membros da banda, que dan cabida a influencias de todo tipo, desde música clásica ata rock ou electrónica.Quilma son Quique Barreiro (voz), Carlos Agra (guitarra), Diego Drogo (batería), Ramón Lorenzo (baixo), Víctor Karallada e Xose Piñeiro (guitarras).
Contratación
Quique Barreiro - Xose Piñeiro 686 979 665 - 686708295 grabaciones.quique@hotmail.com