• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Scarecröw

Banda coruñesa de heavy rock formada en 2022 por membros de grupos como Hongo, Enkord e Innerself, entre outros.

Teñen álbum autoeditado en xuño de 2022, “Twenty Years Ago”, e dous EP. O “Vol. I”, publicado en decembro de 2024, mesturado e masterizado por Carlos Arcay, e un “Vol. II”, que se publicará ao longo de 2025, producido, mesturado e masterizado por José Bonham Estudios Bonham.

Remarcar o primeiro posto como grupo gañador da Batalla de Bandas do festival Flores Rock na Sala Túnel do Coliseum da Coruña en agosto de 2024, e a participación no festival Flores Rock en xullo do mesmo ano, compartindo cartel e escenario con bandas como Koma, Vantroi, Banda Bassotti ou Sinkope.

Tamén cabe destacar as cuñas, críticas e publicacións de Mariskal Rock, entre outras, durante estes meses e a inclusión nos “20 máis duros” do mes de marzo. A súa música se emitiu na Hoex Radio de Holanda ou na Hora Argonauta de Jason Cenador en Madrid.

Scarecröw son Carlos Barreiro (voz), Roberto Pazos (batería), Luis Miguel Diz, José Ramón Diz, Ernesto Montero (guitarras) e Diego Freire (baixo).

Discografía

I

SCARECRÖW

2024, Independiente

Twenty Years Ago

SCARECRÖW

2022, RockCD Records

Vídeos

Scarecröw - I (EP 2024)

SCARECRÖW

Tal vez tamén che gusten