• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Marés Sonoras

Marés Sonoras é un encontro entre diferentes sonoridades da península ibérica, cunha visión ecléctica da música que nace entre o Atlántico e o Mediterráneo, con influencias desde o jazz á música de cámara, pasando polo tradicional e o flamenco.

Cando a saxofonista galega Patricia Cadaveira, procedente da música clásica e contemporánea e o percusionista catalán Marcel Pascual, especializado no vibráfono jazz, se atopan en Oporto (Portugal), as súas orixes mestúranse coas súas vivencias musicais. Froito deste encontro nace este proxecto de conexións ibéricas. Suman as súas forzas ás de outras colaboracións como a do percusionista valenciano Carlos Ronda, o contrabaixista galego Pablo Pérez e a cantante asturiana Marisa Valle Roso.

Desde 2014, Marés Sonoras ten actuado en varios puntos da Península Ibérica como Oporto, Aveiro (Portugal), Cataluña, Valencia e Galicia; destacando a súa participación no Festival Música als Parcs de Barcelona, o Festival Espazos Sonoros en Galicia e a Rede Cultural da Deputación da Coruña.

En 2019 decide dar un impulso a súa carreira coa publicación do seu primeiro disco “Sueños Ibéricos” (2019), publicado pola discográfica Temps Record.

Contratación

Músicos Ao Vivo
Marcel Pascual Royo / Patricia Cadaveira
655 371 023 - 657 687 848
maresproyecto@gmail.com

Discografía

Sueños Ibéricos

MARÉS SONORAS

2020, Temps Record

Vídeos

Nana/Nardis

MARÉS SONORAS

Con tomillu y romeru

MARÉS SONORAS, MARISA VALLE ROSO

À Proa

MARÉS SONORAS

Tal vez tamén che gusten