Sería imposible definir THE CRASS con unha corrente de música específica ou encadralos nun membrete pechado que poida chegar a definilos como “músicos de...”. Pola contra, si poderiamos falar de influencias que os apaixonaron tanto como para que ensinaran a súa música ao mundo: jazz, folk, música tradicional galega, irlandesa e asturiana, música contemporánea, ritmos africanos e sudamericanos.A consolidación de THE CRASS chega no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira 2010, no que resultan gañadores do “Proxecto Runas 2010” asegurando así a súa participación no Festival do Mundo Celta de Ortigueira 2011. Ademais, o grupo vén de sacar ao mercado o seu primeiro traballo discográfico, "Crasstañazo", no que se inclúen dende pezas de composición propia ata temas tradicionais auto-producidos e mesmo algún tema inédito de compositores recoñecidos da música folk galega como Ernesto Campos.Estéticamente distinguidos polos seus inconfundibles sombreiros “Humphrey Bogart”, ofrecen e ofrecerán un espectáculo aos oídos e á vista co seu directo intachable e o seu estilo desenfadado.THE CRASS, se ten algunha calificación, só pode ser “distinción”.
Contratación
Arabot ProducciónsHipólito Cabezas Gómez (+34) 619 550 310 - (+34) 691 043 114 arabotproduccions@gmail.com