• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Boroa

Boroa presenta “O' Clásico Fol” (2023).

A banda, liderada por Sabela Olivares, amosa un proxecto que xira ao redor da funcionalidade e a versatilidade da gaita, ademais da súa adaptación ás novas tecnoloxías do século XXI.

Coa gaita como protagonista, Boroa constrúe un universo sonoro para iniciar unha viaxe musical alén do Atlántico e afondar en diferentes harmonías que nos acheguen a xéneros musicais doutras latitudes.

Unha innovadora proposta, baseada no folclore e a formación clásica da autora, que unha vez levada ao directo convértese nun espectáculo que combina pezas para o baile, e un potente fin de festa cunha escolma da música contemporánea galega.

Contratación

Suso Bello
681 982 134
info@boroamusic.com

Discografía

O' Clásico Fol

BOROA

2023, Ruido na Rúa

Vídeos

Naos

BOROA

Tal vez tamén che gusten