
Ás veces, por cousas do azar, a suma sae.É o caso deste cuarteto de Pontevedra, músicos profesionais con moi diversas influencias e unha longa traxectoria. O estilo resultante? Pop dos 80 salpicado de soul, R&B e algo de disco.Con varios singles en distintas plataformas, Qunfù vai sumando aos poucos novos adeptos. En definitiva, un mundo sonoro con tinguiduras retro onde é obrigatorio divertirse.
Contratación
Sebas González qunfumusic@gmail.com