
Nastasia Zürcher (Xenebra, 1988), cantante e compositora galego-suíza galardoada cun Galician Music Award na categoría de Blues, Funk & Soul (Premios Martín Códax da Música 2016), segue subindo chanzos e lanza o que xa é o seu segundo álbum de estudio, “Beat” (2017).Logo de dous anos de xira e do lanzamento da súa aclamada ópera prima, o seu álbum debut titulado “My Flight” (2015) que obtivo gran recoñecemento e acollida, Nastasia presenta o seu novo traballo musical composto integramente por obras propias e baixo a mirada do produtor e músico-compositor galego Adrián Saavedra. Temas de onda moderna e groove descarado con aires de neo-soul, R&B contemporáneo, afro-pop-folk e músicas do mundo nunha produción elegante, grande e coidada, sobre a que repousa a xa inconfundible voz de Nastasia.Dez cancións, dez maneiras de mover o corpo nas que a percusión, instrumentación e ritmos son un potente motor deseñados como puro traballo de ourivaría en busca de novos enfoques, sonoridades e texturas.Rodeada de músicos de primeira división, e con letras-mensaxe en inglés, galego, francés e castelán que son mantras dunha actitude construtiva e reflexiva, aséntase con este segundo e vivo LP unha carreira profesional baseada na calidade, o bo facer e a liberdade creativa absoluta, perfilándolle a esta artista unha proxección nacional e internacional coa que seguir compartindo a súa arte e persoal maneira de entender e sentir a música.
Contratación
Seispés Producións CreativasXiana Lastra 682 41 06 89 info@seispes.com