Guadi Galego é unha das artistas máis relevantes da escena galega actual, froito dunha andaina musical que comezou sendo moi nova. En 1997 entra en Berrogüetto como vocalista, pianista e gaiteira, e grava con eles tres discos. Máis tarde experimentou con diversas sonoridades en formacións como o seu proxecto máis íntimo e persoal, Espido, ou Nordestin@s. No 2009 sae á luz Benzón, álbum aclamado pola crítica galega e española co que inicia a súa carreira en solitario. Tralo éxito de Lúas de outubro e agosto, O mundo está parado, Bóla de cristal e IMMERSION, en 2020 lanza Costuras. Costuras aúna 10 cancións de Guadi Galego e Carlos Abal que viaxan desde mundos asociados á súa infancia ata o presente máis duro e á vez esperanzador, onde a autora amosase tal como é. Tres colaboracións compoñen o disco: as poetas Antía Otero e Marina Oural e a cantante Paula Grande. A produción musical, a cargo de Olivera Estudi, dá un novo aspecto ás creacións de Guadi, entrando en campos electrónicos, sen esquecer a parte máis orgánica, creando texturas únicas dentro do pop.
Contratación
Culturactiva SCG Manuel Roxo (+34) 981 582 836 - (+34) 619 933 348 info@culturactiva.org