Maikel Crooner Band nace coa finalidade de ofrecer unha alternativa cultural centrada principalmente na creación, formación e difusión músico-cultural.Composta por antigos membros de importantes grupos galegos cunha extensa traxectoria musical, foron parte de grandes grupos musicais, orquestras ou acompañantes de artistas célebres. Un dos seus membros, Maikel Crooner (Miguel Túñez, vocalista profesional desde 1992) imaxina unha idea orixinal, a Maikel Crooner Band, un proxecto cuxo obxectivo é combinar música, poesía, imaxe... e calquera outro valor cultural que teña o propósito de crear arte e que defenda as directrices da mencionada formación.Para iso, prepara un espectáculo músico-cultural de aproximadamente 85 minutos de duración no que 11 músicos experimentados interpretan creacións musicais propias ou fan versións de coñecidas composicións. Ademais, empregan a lingua galega para a elaboración da súa música, na que colabora a poeta Ana Vila Portomeñe ou o compositor Manuel Quintela, e lembran letras de Rosalía de Castro e Castelao, entre outros.O tema da poesía exalta as emocións e as formas de comportamento relacionadas co amor, o respecto ou a igualdade, ademais de facer referencias a Galicia e ao Camiño de Santiago.
Contratación
WatsonAbrahan-Miguel 637 735 252 - 635709009 wattsonpro@gmail.com