• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Diego Flâneur & ünder

Diego Flâneur & ünder (Lugo, 2001) son dous artistas lucenses cunha proposta que camiña por diversos xéneros, vertentes e ritmos, sen deterse e sempre coa influencia do hip-hop.

Por medio de referencias culturais heteroxéneas, extraídas do cine, do mundo da arte ou da propia música, estes dous artistas crean un imaxinario amplo con temáticas variadas que, a pesar de confluír nalgúns traballos, non sempre son as mesmas. Dende a nostalxia ou o costumismo ata ambientes máis alegres e festivos, relacionados co amor, a tradición e a cotiandade, así como feitos concretos da súa cidade e da súa vida.

Aínda que sempre aparecen xuntos no escenario porque un non se pode entender sen o outro, nin no proceso creativo nin no directo, cada un ten o seu propio proxecto, aínda que anden un camiño que conflúe constantemente. O idioma non é un condicionante para eles: no seu repertorio aparecen letras en galego e en castelán, empregándoas indistintamente pero sempre atendendo ao mellor para cada proposta.

Ambos pertencen ao selo lucense FAT Music.

Contratación

FAT Music
684 319 364 - 604 002 510
festividadesatroula@gmail.com

Discografía

NEBRA PECHA

DIEGO FLÂNEUR

2025, FAT Music

OXALÁ!

DIEGO FLÂNEUR, ÜNDER

2025, FAT Music

Hoxe Non Volvo

DIEGO FLÂNEUR, ÜNDER, 9LOURO, YULY

2025, FAT Music

EL ÚLTIMO CHANCE

ÜNDER & DIEGO FLÂNEUR

2025, FAT Music1

todo se esfuma como ese dinero

ÜNDER

2024, LaboratorioLAB.

uh! cha!

LANASA, DIEGO FLÂNEUR

2024, FAT Music

TU MANERA DE VERLO

ÜNDER

2024, LaboratorioLAB

Simbiosis

DIEGO FLÂNEUR

2024, FAT Music

Vídeos

Unha bala, un metal e un dedo

ÜNDER & DIEGO FLÂNEUR

KIDS

ÜNDER & DIEGO FLÂNEUR

Hoxe Non Volvo

ÜNDER & DIEGO FLÂNEUR, 9LOURO, YULY

Pasas ao meu lado

ÜNDER & DIEGO FLÂNEUR

Mi Mamá No Me Deja Salir

ÜNDER & DIEGO FLÂNEUR

OXALÁ!

ÜNDER & DIEGO FLÂNEUR

Tal vez tamén che gusten