Andrea González (Tui, 1987) é pianista, xestora musical, pedagoga e divulgadora. Elixida entre as 'Top 100 Mujeres Líderes de España' en 2019, a polifacética artista galega actuou en múltiples escenarios de Australia, Cuba, Reino Unido, Italia, Portugal e España, destacando os seus concertos na Universidade Nacional Australiana de Canberra, o Teatro nacional de Cuba e o Barbican Centre de Londres. En 2022 publica o seu novo disco "Salvado – Piano Works" (Warner Music Spain), un traballo que recupera a música do monxe Rosendo Salvado, figura emblemática do século XIX.Desde 2013, Andrea González dirixe o International Keyboard Festival & Masterclass da Eurocidade Tui–Valença (IKFEM), único por ser o primeiro festival transfronteirizo entre España e Portugal. É profesora de Produción e Xestión en Música e Artes Escénicas no Conservatorio Superior de Música de Vigo, Vicepresidenta de Xuventudes Musicais de España e Presidenta de Xuventudes Musicais Eixo Atlántico.Influenciada pola arte, a moda e o empoderamento feminino, situouse como unha das xestoras musicais máis innovadoras do panorama español, destacando as colaboracións con artistas e marcas como Agatha Ruiz de la Prada, I.C.O.N., Ainhoa Arteta, Estrella Galicia ou Rosendo.
Contratación
Andrea González 625 617 498 info@andreagonzalezperez.com / andrea.glez.perez@gmail.com