Andrés Penabad é un acordeonista cunha longa traxectoria profesional. Comezou os seus estudos aos 14 anos da man do profesor Javier Díaz Carrasco e continuounos no Conservatorio Profesional de Música de Getafe. Recibiu varias clases maxistrais co catedrático de acordeón de San Petersburgo Oleg Sharov, así coma cos concertistas Iñaqui Diéguez e Ángel Luis Castaño. Actualmente dá clases de acordeón na escola que leva o seu nome.Conta no seu currículo con numerosos premios en concursos nacionais e internacionais onde destaca o seu primeiro posto na categoría "solista excelente" no Certame Internacional de Acordeón celebrado en Torrelavega (Cantabria, 2004). Ademáis, colaborou con Carlos Núñez, Kepa Junkera, Susana Seivane, Luar na Lubre ou John Whelan.No seu primeiro disco en solitario, "Crossing" (2014), o acordeón é o protagonista desta obra folk de altísima calidade. Tema tras tema, está acompañado por músicos de gran talento coma Kepa Junkera, Bieito Romero ou Fernando Barroso. O seu segundo traballo, “Bipolar” (2016), amosa a un Penabad con máis pouso e máis maduro. Este é un álbum concibido para os directos, sen grandes necesidades técnicas nin humanas, polo que Andrés rodéase da súa banda á que tamén se suma algunha colaboración como as cantareiras e pandereteiras Lilaina, Pablo Vergara no bodhran, Ramón Dopico ás percusións ou Álvaro Trillo na batería. Deste xeito, Penabad quere gravar o seu nome no panorama do folk galego.
Contratación
Actos ManagementMarcos Valles (+34) 609 941 695 marcos@actosmanagement.com