• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
A Gaita Vai á Igrexa

A Gaita Vai á Igrexa é un concerto de gaita galega e órgano de tubos para realizar en igrexas, abadías, capelas, catedrais... Da man de dous recoñecidos compositores e intérpretes galegos, Suso Vaamonde e Ernesto Campos, a música popular, tradicional, e mesmo a clásica devolven a vida a estes singulares auditorios.

Dous músicos cos seus instrumentos, sen máis aderezo, sen trampa nin cartón, convértense en dinamizadores idóneos destes espazos de incalculable valor cultural. Os temas que conforman o repertorio están arranxados polo organista Ernesto Campos, que con amenas explicacións fan desta proposta un espectáculo apto tanto para o público en xeral como para o auditorio máis esixente, como demostrou o éxito acadado en Trier (Alemaña, 2004 e 2007) ou en San Sebastián (2005).

Contratación


Vídeos

A Gaita Vai á Igrexa

A GAITA VAI Á IGREXA

A Gaita Vai á Igrexa

A GAITA VAI Á IGREXA

Tal vez tamén che gusten