Evoéh é un proxecto que observa e concilia as dúas fontes da música galega e española: a culta e a popular.
O continuo intercambio entre a música culta e popular deu lugar a unha arte que nos impactou no máis fondo. O culto buscou a perfección e a sublimación do que o home pode chegar a dar. O popular ten un arraigamento que se afunde na terra e unha forza que lle fai chegar directo ao corazón.
No ano 2005 naceu Evoéh como un dúo de voz e guitarra, entre Ariana Barrabés e Jesús Olivares, froito da súa admiración pola poesía e a música. Actualmente Evoéh amplíase a sexteto. Segundo a ocasión, incluímos percusión ou ofrecemos concertos puramente instrumentais.
Estas son as persoas que fan posible este proxecto:
Ariana Barrabés – Voz e percusión
Jesús Olivares – Guitarra
Lucía Salgado – Óboe
Natalia Brzewska – Violín
Arabella Fernández – Viola
Mariona Tuset – Violonchelo
Contratación
Lucía Salgado / Jesús Olivares
(+34) 622414832
- (+34)659673256
evoeh.sexteto@gmail.com