Daniel Minimalia regresa co seu segundo disco "Arenas de Luna", co que confirma a súa xenialidade de características únicas no noso país e de gran proxección internacional, tras o seu exitoso álbum debut "Cuentos sonoros" co que foi cualificado como o "Mike Oldfield español".Con este novo álbum, que se distribuirá ademais de en España, en países como EE.UU. ou Alemaña, o músico ourensán emprenderá unha gran xira nacional en cidades como Madrid, Valencia, Sevilla, Málaga, Barcelona, Lugo, Santiago, A Coruña e Ourense. Finalizada a xira nacional, viaxará en marzo a Los Ángeles para facer a presentación en Esados Unidos, país no que estivo nomeado non HOLLYWOOD MUSIC AWARDS por dous temas do seu anterior disco "Cuentos sonoros", "Al decir adiós" e "Akainik", como mellor canción clásica e new age respectivamente."Olas del sur" (C/2) é o primeiro single e quizais o tema máis destacado do disco. Unha obra maxistral chea de forza e desa emotividade tan propia de Daniel Minimalia, na que mestura pinceladas de flamenco e flok celta con ese estilo propio de tocar a guitarra, debuxando unha melodía tan particular como poderosa. O compositor galego contou para "Olas del sur" coa preciosa voz de Rosa Cedrón, ex vocalista de Luar na Lubre. Realizouse para este single un magnífico e fantasioso videoclip rodado na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.
Contratación
Zouma Producciones, S.L. Carlos Barandela Vila (+34) 988 240 248 - (+34) 629 413 333 info@zoumarecords.com