Logo dun par de anos de proxecto conxunto sobre os escenarios, a banda xurdida da unión da guitarra de Víctor Aneiros e a voz de Paula Martins lanza o seu primeiro álbum, “Rain” (2023).Este primeiro traballo de estudio é unha viaxe a través do blues, o soul e o rock no que temas como o clásico ‘Blues Is My Business" de Etta James, ou ‘I Can’t Do That’ do compositor chicagüense Mike Wheeler foron maxistralmente versionados e ensamblados con outros orixinais, como ‘Rain’, o sinxelo que ademais dá nome ao disco, ou ‘Healthy Lifestyle’.Para a súa gravación, Martins e Aneiros contaron coa batería de Marcos Sánchez, o teclado de Fran Rey e os baixos de Alejandro Masafret e Víctor Gacio, quen ademais se encargou da gravación e a mestura no seu estudio Baixo Cero; a produción correu a cargo do propio Aneiros.A Martins Aneiros Band xorde da unión de Paula Martins, quen foi vocalista da Big Bottom Band, e o guitarrista Víctor Aneiros, cunha longa traxectoria ás súas costas e oito discos publicados ao seu nome. En 2019, Martins acudiu como convidada de Aneiros ás súas actuacións no Fisterra Blues Experience e o Discalzos Polo Festival; por mor destas colaboracións sentaron as bases de Martins Aneiros Band. Con todo, a vocalista xa colaborara co guitarrista cantando unha versión de “Unha noite na eira do trigo”, himno da emigración galega, na gravación de “Heroe Secreto” (2008).
Contratación
MARTINS ANEIROSVÍCTOR ANEIROS 627 574 679 martinsaneiros@gmail.com