• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Allo Negro

Orixe: A banda Allo Negro nace coa idea de fusionar o blues e o soul coa sonoridade da lingua galega. A formación ten a súa orixe na cidade de Pontevedra a finais do ano 2024. O seu xérmolo atópase noutra banda de blues chamada Mulberry Blues.

Formación: Está composta por 8 músic@s: Isa Pérez (voz), Ernesto de Gregorio (guitarra), Javier Prado (guitarra), Jorge Arenaz (baixo), Ramón Neira (batería), Alexander Glen (saxo), Arturo Caramés (saxo) e Pablo Romero (trompeta).

Referencias: As referencias musicais móvense entre os anos 50 e 60 (B.B. King, Lee Dorsey ou Louis Jordan) e sonoridades de soul máis actual como as bandas: Monophonics ou Michael Kiwanuka.

Publicacións: Neste 2026 a banda publicou o seu primeiro álbum homónimo, gravado íntegramente en directo en Bungalow Studios da man de Martín Esturao (Mad Martin) e Nico Rodríguez. O seu primeiro sinxelo é "Branco Algodón", do que se presenta tamén o seu primeiro videoclip. Prensa e algún crítico, ven nesta curta sonora dirixida por Marcos Montiel, referencias ao cine de Darío Argento.

A banda vén de gañar o Premio Martín Códax da Música 2026 na categoría Blues/Soul/Funk.

Espectáculo: O repertorio en directo combina versións clásicas adaptadas á lingua galega así como composicións propias. O seu espectáculo está indicado para pequenos escenarios con aforos por riba de cen persoas pero tamén para pequenos auditorios e teatros, así como grandes escenarios como é o caso do XXXI Festival Internacional de jazz e blues de Pontevedra ou o XI Festival Armenteira Jazz no 2026

Contratación

Javier Prado Espiñeira

allonegrobanda@gmail.com

Discografía

Allo Negro

ALLO NEGRO

2026,

Branco Algodón

ALLO NEGRO

2025,

Paso de ti

ALLO NEGRO

2025,

Vídeos

Arde a queimada

ALLO NEGRO

Branco Algodón

ALLO NEGRO

Tal vez tamén che gusten

Acid Roots

Blues do País

Grand Soul Band

Los Hermanos Zapruder

Martins Aneiros Band