Kanfurneira é o proxecto artístico dunha cantante, compositora e produtora galega betanceira influenciada por unha ampla variedade de estilos que van desde o soul, o hip hop ata as baladas, e mesmo o pop e as músicas de raíz latina. A súa proposta nace da procura dunha identidade propia a través da experimentación, a emoción e a conexión co público.Formada en Artes Escénicas e Música na Coruña, iniciou a súa traxectoria profesional en diferentes proxectos musicais en Galicia antes de trasladarse a Irlanda e Malta, experiencias que marcaron profundamente a súa visión artística e impulsaron a súa faceta como compositora. Durante estes anos actuou en distintos espazos e comunidades musicais internacionais, interpretando repertorio en galego, castelán, inglés e francés acompañada coa súa guitarra.Apostando pola creación propia e a autoprodución, publicou os seus primeiros traballos como artista independente en 2021 entre eles "Érguete". Destaca tamén a versión de “A Vitoria”, realizada xunto a Álex Charlón, ex-vocalista de Ataque Escampe, e con Fununcan.Actualmente reside en Francia, onde continúa desenvolvendo a súa carreira a través da composición, a produción musical, as actuacións en directo e as colaboracións con artistas de diferentes países, mantendo sempre un forte vínculo coa súa identidade galega.
Contratación
Natalia García +34 673 228 650 natalia.gi1998@gmail.com
