FUNGO é un artista de Perillo, Oleiros (A Coruña) que mestura sen medo os xéneros musicais, mantendo viva unha paleta sonora ampla e variada que vai desde o merengue máis caribeño ata o postpunk máis escuro, sempre desde un enfoque urbano.Co seu traballo en “Denantes mortos que vivos” (2022) xunto a Agasallo e en solitario con “Galaicolatino” (2023), mergúllase nas raíces galegas, electrónicas e latinas cunha mirada introspectiva e profunda. As letras cargadas de referencias falan de amores perdidos, exploran a complexidade do mundo e ofrecen unha visión ás veces sombría da existencia.Aínda que a súa música conteña esa pincelada de escuridade, os seus directos fan vibrar con enerxía e conexión co público. FUNGO é unha invitación a unha festa sonora cargada de baile, pero co poder de conmover e facer pensar.
Contratación
Daniel Fernández Pérez 608 313 065 alendoabismo@gmail.com