
Jazz de laranxa xorde en 2023 da iniciativa dun grupo de músicos asentados en Galicia con diferente traxectoria e formación en estilos musicais tan variados como o jazz, o pop rock, a música clásica e a música tradicional galega.O obxectivo da banda é construír un repertorio ecléctico, sen fronteiras xeográficas ou estilísticas, baseado en temas escollidos procedentes da música popular, estándares de jazz e temas propios, a partir do cal acadar unha sonoridade orixinal que sexa atractiva para tódolos públicos.Os integrantes de Jazz de laranxa son María Silva (voz, percusión), Lorenzo Boo (guitarra); Sarunas Pupelis (clarinete, saxo) e Pachi Cruz (contrabaixo).
Contratación
M. Silva jazzdelaranxa@gmail.com