• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Gabriel Peso Trio

Aos catro anos de idade, o pontevedrés Gabriel Peso subíase ao Teatro Principal de Pontevedra en calidade de pianista; o seu destino estaba marcado. Posteriormente cursaría os estudos de Piano Clásico e, en 2011, licénciase na especialidade de jazz no Conservatorio Superior de Música da Coruña con matrícula de honra.

Desde entón, Peso demostrou non só ser un excelente pianista de jazz, senón tamén un cobizado músico todoterreo: televisión, teatro, rock, pop... En 2012 recibe o primeiro premio á excelencia musical Mans Futuro 2012, outorgado pola Xunta de Galicia e a Fundación Paideia e, un ano máis tarde, grava o seu primeiro disco a trío como líder: “Sinapsis” (2013).

“Sinapsis” reflicte o seu eclecticismo: composicións con aroma a standard, blues, ritmos complexos e pretos ao rock progresivo, mesmo dá cabida a unha muiñeira. Neste álbume predominan a melodía e o lirismo, así com a fusión de jazz europeo con raíces de música galega.

Gabriel Peso reúne a moitos pianistas sobre un mesmo teclado, pero na actualidade o trío fórmao con David Ruiz ao contrabaixo e Miguel Asensio á batería, con quen acaba de gravar o seu segundo disco, “Travesía” (Xingra, 2018), unha viaxe musical polos cinco anos de transición que transcorre entre este álbum e o anterior.

Contratación

Discografía

Travesía

GABRIEL PESO TRIO

2018, Xingra

Sinapsis

GABRIEL PESO TRIO

2013, Mans Futuro - Paideia

Vídeos

Jota de Peso

GABRIEL PESO TRIO FEAT CARLOS PESO

El Ensanche

GABRIEL PESO TRIO

Travesía (Oficial Teaser - EPK)

GABRIEL PESO TRIO

Pontesampaio

GABRIEL PESO TRIO

Tal vez tamén che gusten