
O azougue confire ao vidro a facultade de reflectir a realidade que recibe, pois o espello non é senón un vidro azougado. Do mesmo xeito Lamas e De Miguel, coa colaboración de Romero, reciben a realidade da música tradicional, pero a reflicten cun espello libre que non se cingue á literalidade do obxecto reflectido.O espello imaxinario co que traballan xera novas pezas nas que a compoñente tradicional tan só é unha parte da súa nova realidade, un mundo musical no que a world music conflúe coa música clásica e o jazz, un mundo no que a tradición ocupa sempre un lugar privilexiado.
Contratación
Pedro Lamas 699 814 004 pedrodavidlamas@yahoo.es