• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Wintering Grounds

Wintering Grounds é un proxecto de estudio creado polo multiinstrumentista Marcos Sánchez (Ferrol, 1977). Na súa música mistúranse elementos de metal extremo e progresivo, deixando que convivan riffs crus con texturas máis densas, “growls” con voces “limpas”, ou longas partes instrumentais con interludios corais minimalistas, todo iso matizado pola presenza puntual de instrumentos pouco comúns no xénero, como o vibráfono ou a marimba.

Toda esta diversidade reflicte, dalgunha maneira, o amplo espectro de influencias ás que o músico estivo exposto ó longo da súa traxectoria, estilizadas e enfocadas dende unha óptica metálica: dende unha formación en percusión clásica (Conservatorio de Sevilla) ou Historia da Música (Universidade da Rioxa), ata os múltiples proxectos nos que estivo involucrado como batería, de estilos moi dispares: blues (Víctor Aneiros Band, Julie Guravich Band, Martins/Aneiros Band), country (Los Eternos), cantautor (Silvia Penide, Andrés Suárez), punk rock (Chris Masuak), garage/soul (The Hellbuckers, Madame Bird, Grey City Funk), ou rock progresivo (Labyrinthus, Trece, Licopodio, Mantis Damorte), entre outros.

Ata o momento, o proxecto conta con dous traballos discográficos: Wintering Grounds (2024) e Impasse (EP, 2026). A eles cabería engadirlles os dous editados anteriormente baixo o nome Fern the Fact: Fern the Fact (2018) e Formalist Idiot Metal (2021).

Contratación

Marcos Sánchez Yáñez
660 528 552
marcosanchy@hotmail.com

Discografía

Impasse

WINTERING GROUNDS

2026,

Wintering Grounds

WINTERING GROUNDS

2024,

Vídeos

From the Boundaries

WINTERING GROUNDS

Tal vez tamén che gusten