Lucía Martínez Cuarteto é un proxecto liderado pola viguesa Lucía Martínez (batería, percusión e composición), respaldado por João Pedro Brandão (saxo alto e frauta traveseira), Pedro Neves (piano) e Carl Minnemann (contrabaixo).O seu primeiro álbum, "Soños e delirios", foi publicado en 2009 polo selo Karonte/Nuba Records, contou coa participación da cantante portuguesa Maria João e o saxofonista español Perico Sambeat e foi nominado como mellor disco de jazz nos Premios de la Música Independiente en España.Lucía Martínez Cuarteto é un proxecto influenciado pola música folk de Galicia, a música clásica, o flamenco e a música do Mediterráneo, así como pola nova música de vangarda europea. O grupo estivo presente en festivais nacionais e internacionais, e recibiu fabulosas críticas, que califican o proxecto como unha proposta interesante e sólida, aberta non só a escenarios de jazz senón tamén a outros círculos de música de cámara ou novas músicas.O seu novo traballo discográfico, "De viento y de sal", é unha travesía musical que solta amarras na exhuberante Costa Pacífica colombiana, atravesa o mar Mediterráneo e atraca cargada de historias en Vigo, o seu destino, xuntada co toque requirido e a nota delicada de nostalxia e romanticismo. O álbum sae á luz en 2014 editado por Karonte/Nuba Records, coa participación do cantautor cubano Pável Urquiza.
Contratación
Lucía Martínez (+49) 15 123 379 190 - 678 511 220 lucia5ma@gmail.com