
Fernando Barroso é un músico e compositor que ten traballado en numerosos proxectos dentro da escena folk e world music a nivel internacional. “Xograr” (2020) é o nome do seu terceiro álbum en nome propio, traballo que ven a reafirmar a consolidación da súa carreira en solitario. “Xograr” é unha pequena homenaxe á figura do artista através dos tempos. Esas personaxes que teñen a vontade natural de crear e entreter, cunha entrega enorme, poñendo en xogo moitas veces a súa estabilidade vital.Neste disco preséntanse unha serie de músicas orixinais, cunha estética que se move entre a música popular e a música moderna, e gravadas en formato cuarteto xunto cos músicos Álvaro Trillo, Sofia Neide e Margarida Mariño.No traballo aparecen as colaboracións de Hugo Guezeta, Adufeiras de Salitre, o Grupo de Cordas da Académica de Coímbra e o cantante portugués Sebastião Antunes.
Contratación
Fernando Barroso (+34) 666 369 090 info@fernando-barroso.com