• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Xoán Curiel

En 1998 trasládase a Santiago de Compostela, onde desenvolve a súa carreira como actor, músico e cantante. Fórmase en teatro, teatro musical e outras disciplinas escénicas mentres vai desenvolvendo a súa carreira como compositor.

Durante sete anos traballa en diferentes compañías teatrais como actor, cantante, músico e bailarín, ata que grava o seu primeiro disco, “Nai” en 2009; un disco que resultará nas súas primeiras xiras e que o levarán polo estranxeiro (Brasil, Portugal, Arxentina, Italia e Francia entre outros).

En 2011 presenta “Magnético Zen”, co que gaña o premio a Mejor Álbum en Lengua Gallega, nos V Premios MIN. Poucos anos despois presenta o seu terceiro disco “Estamos no verán!”, un libro-disco infantil nomeado tamén nos VI Premios MIN. Cara ao ano 2015 ten a oportunidade de gravar a súa voz na película galego-cubana “Maimiño”, coas cancións de Silvio Rodríguez, coincidindo co nomeamento na categoría de Canción de Autor nos II Premios Martín Códax da Música Galega.

“Ecuacións”, o seu cuarto disco nado en 2016, é un álbum experimental gravado nos estudios da Radio Galega con Toño Vazquez, e tamén en São Paulo (Brasil) co violeiro Julio Santín. Realiza unha xira polo norte de Italia actuando en Milán, Como e Brunate.

Ao longo destes anos, Xoán participa en diferentes espectáculos e festivais principalmente ligados á lusofonía e á música de autor. Neste 2021 comeza a xira do seu último traballo, inspirado na lírica medieval galego-portuguesa, o álbum “Treides comigo!”.

Contratación

Xoán Curiel
Paloma Hernández González
(+34) 658 263 199 - +34 661 889 260
xoancurielxestion@gmail.com

Discografía

Treides comigo!

XOÁN CURIEL

2021,

Canta miña pedra, canta

XOÁN CURIEL

2019, Editorial Galaxia

A casa do Terror

A BANDA DO VERÁN

2017, Editorial Galaxia

Ecuacións

XOAN CURIEL

2016, Xoan Curiel

Estamos no verán

XOÁN CURIEL

2014, Xoán Curiel

Magnético Zen

XOÁN CURIEL

2012, Xoán Curiel

Nai

XOÁN CURIEL

2009, Xoán Curiel

A Minha Embala

ALINE FRAZÃO

Vídeos

Intempériome (Xela Arias, 2003) - Vencerse é cousa de se tratar

XOÁN CURIEL

O voss'amigo trist'é sem razom

XOÁN CURIEL

Mentir-lh'-ei

XOÁN CURIEL

Pequena e namorada

XOÁN CURIEL

A casa do Terror

A BANDA DO VERÁN

O Bardo

XOÁN CURIEL

Tal vez tamén che gusten