Luar Na Lubre xurdiu en 1986 o obxectivo de desenvolver, impulsar e dar a coñecer a música e a cultura galegas. Após tres décadas dunha froitífera traxectoria, con 18 discos publicados e máis de 1.500 concertos en 30 países de todo o mundo, o grupo é unha referencia internacional da música de raíz. A constancia e a fidelidade ao universo folk definen, desde os seus inicios, o traballo de Luar Na Lubre. Desde a publicación de O son do ar (1988), tema que chegou versionar Mike Oldfield, o grupo procurou o seu propio son, tendo como inspiración primaria a música galega. Un labor pertinaz que se reflicte en todos e cada un dos discos publicados até o momento pola agrupación liderada por Bieito Romero: Beira atlántica (1990), Plenilunio (1997), Cabo do mundo (1999), XV aniversario (2001), Espiral (2002), Hai un paraíso (2004), Saudade (2005), Camiños da fin da terra (2007), Ao vivo (2009), Solsticio (2010), Mar maior (2012), Torre de Breoghán (2014), Extramundi (2015), XXX aniversario (2016) e Ribeira Sacra (2018). Hoxe en día, cunha identidade propia recoñecible e consolidada, a música de Luar Na Lubre forma parte non só do imaxinario, senón do patrimonio colectivo. Tras o éxito de Ribeira Sacra, este 2020 o grupo regresa os escenarios para presentar o seu novo disco de estudio, Vieiras e vieiros. Historias de peregrinos, un álbum que visualiza a pegada artística, cultural e natural do antigo camiño das estrelas a través das historias de quen percorreu, con vieiras, os seus vieiros: os peregrinos.
Contratación
Mirmidón ProduccionesMaruchy Suárez (+34) 667 706 241 - (+34) 667 706 241 maruchy.mirmidon@gmail.com