Helena de Alfonso (voz, composicións) e Jose Lara Gruñeiro (guitarras, composicións) somos os músicos que diriximos o proxecto Barahúnda.Formouse en 1998 en Madrid, cidade da que somos orixinarios, coa idea de facer música folk de raíz ibérica, cantigas galego-portuguesas musicadas por nós, jarchas mozárabes, cancións sefardís e composicións propias, todas elas conformadas nun estilo, elegante, sinxelo, orixinal e recoñecible.No 2002 presentamos o primeiro disco, “Al sol de la hierba” (Sonifolk, 2002), na Sala Galileo Galilei (Madrid). No 2006, o segundo, “Una hora en la ventana” (Musikarte, 2007), no San Juan Evangelista, o mítico “Johny” de Madrid.Entre estes traballos as cancións de Barahúnda foron incluídas en recompilatorios como “Bágoas negras” xunto a Eliseo Parra, Berrogüeto, Amancio Prada... No 2010 trasladámonos a Galiza e, aos poucos, foron fraguándose as cancións que forman parte de “Múdanse os ventos” (2015), o terceiro traballo de Barahúnda que fora presentado no Auditorio de Rianxo, na Casa das Crechas de Compostela e na Sala Galileo (Madrid).“Múdanse os ventos” é un disco eminentemente atlántico, galego, portugués, mariño… é a transcripción dun mundo máxico e salvaxe ao noso xeito de facer música; con todo, non deixa de ser, como os anteriores, unha viaxe polo espazo-tempo. Neste traballo colaboran José Luis do Pico Orjais, Jose Climent, Xurxo Varela, Jose Luis Sanz García-Ochoa, Txema Mawenya, Aida Saco Beiroa e Daniel Romo.
Contratación
Jose Lara Gruñeiro (+34) 639 753 608 - (+34) 656 746 756 jose@barahunda.info