Mónica de Nut (voz) únese ao músico Luís Martíns (arpa acústica e eléctrica) para gravar o seu terceiro disco “Raíces aéreas” (Free Code, 2016) no que tamén colabora Lucía Martínez (percusión, zanfona e obxectos sonoros).“O elemento inspirador son as gravacións de recollida de campo en Galicia, cantos de mulleres que transmiten toda a forza ancestral; crus, vitais e poderosos, conéctannos á raíz de saber de onde vimos e cal é a nosa esencia. Recreamos esa herdanza mediante a sonoridade acústica tradicional da voz e a arpa e a improvisación e experimentación con sons máis electrónicos”.Tanto de Nut como Martíns caracterízanse polo emprego inusual dos seus instrumentos; a voz con diferentes tímbricas e rexistros, e a arpa con patróns rítmicos e con efectos pouco habituais na arpa celta que acostumamos escoitar.Logo do éxito de “Mónica de Nut Trío” (2012) chegaba “Dos fíos invisibles chegan as cores” (2013), o segundo traballo discográfico de Mónica de Nut onde se une aos músicos Virxilio da Silva, Marcelo DoBode e Javi GDjazz. A cantante segue a insistir na combinación de música clásica, jazz, rock e tradición galega; a esperanza está no inesperado, nos fíos invisibles que traen as cores que van chegando. O repertorio nace de melodías tradicionais, clásicos da música barroca e temas propios remexidos entre delays, distorsións e sons acústicos cunha interpretación máis visceral, desgarradora e desinhibida para deixar paso á sutilidade do invisible.
Contratación
Mónica de nutMónica de nut, Ana Triñanes (+34) 658 056 955 - (+34) 678 034 593 nut@monicadenut.com anatrianes@gmail.com