
"Bateas no Mississippi"
Blues. Si, señora, blues de toda a vida. Blues do bo. Blues do país. Do País. Do noso. Do que empeza nos Ancares e chega ata Missouri.
Blues da rotonda e blues on the road. A Route 66 montados nun chimpín con Janis Joplin e Rosalía. Por que non?
Pois si!
I had a dream. Etta James mariscando en Cabo da Crus. B.B. King nun furancho de Redondela. Castelao e Eric Clapton escribindo "Old men shouldn't fall in love".
Oh yeah!
Si, ho!
I had a dream! Ottis Redding cun tinto de Barrantes no Berbés, sentadiño a velas pasar. Muddy Waters nun torreiro de Ramirás. Unha zanfona bottle-neck. Uns zocos batendo no chan en New Orleans.
I had a dream! A AP9 convertida en campos de algodón.
I had a dream!! Maruxía a forte marexada con ondas de 3 a 4 na ría de Alabama.
We had a dream.
Nós tamén soñar.
Galiza e Blues. Somos a mesma carne. O mesmo pelexo branco e negro. Mexillón negro con cuncha branca. Feeling blue, pero nunca choveu que non escampara.
Yeah, beibe!
Si, meu rei!
We had a dream...
E o noso soño é voghar pola ría de Mississippi e alá onde se crucen as correntes, standing at the crossroad, facer un pacto co demo, ou con Robert Johnson ou con quen nos venda unha leira no inferno, e alí mesmo chantar...
...unha batea no Mississippi.
Contratación
Brais e Iseo
(+34) 649 594 191
- (+34) 659 329 661
bluesdopais@gmail.com