• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Lobalú

Najla Shami e Héctor Lorenzo presentan o seu novo proxecto LOBALÚ coa edición do seu primeiro traballo “Haikus”.

Presentamos “Haikus”, a estrea que LOBALÚ fai co selo Inquedanzas Sonoras en maio de 2011. Un traballo feito con moito meco, gravado en Abriguiero Estudios (Friol) por Arturo Vaquero e Jahel Piñeiro e no que participaron tamén no deseño, fotografía e estilismo Náder Shami e Laila Shami. En “Haikus”, Najla e Héctor acompáñanse de grandes músicos e amigos, como Guillerme Fernández (Berrogüetto, Espido) e Quim Farinha (Berrogüetto, Talabarte) nas guitarras e as cordas do violín e viola; Sérgio Tannus, multiinstrumentista brasileiro, no cavaquinho, mandolina e guitarra; Álvaro Vieito e Michel González, dous guitarristas que afondan no jazz, éste último afincado en Miami e que tamén traballou activamente nos arranxos do disco; Pedro Pascual (Marful, Talabarte) que deixou a súa sensibilidade a través do acordeón, accordina e percusións; Alfonso Calvo ao contrabaixo; Ángel Sanluis Tejado e Roi Adrio nas percusións; e Miguel Queixas (Nova Galega de Danza, Banda Crebinsky) na batería.

O proxecto florece da confluencia creativa que xorde entre Héctor Lorenzo e Najla Shami, un dúo cunha ampla bagaxe que leva case dez anos de traballo conxunto. As composicións, de grande sonoridade navegan entre a música brasileira, o jazz e a música galega cun son moi persoal e cheo de cor.

Contratación

Martins Management
(+34) 981 103 782
electropurpura@yahoo.es

Discografía

Haikus

LOBALÚ, NAJLA SHAMI, HÉCTOR LORENZO

2011, Inquezandas Sonoras

Vídeos

Vento

LOBALÚ

Tal vez tamén che gusten