Combinación artística da música tradicional coa académica, protagonizada polo instrumento clave das nosas romerías, a gaita, acompañado dun extraordinario e completo amigo como é o piano. Así é como se define este dúo de gaita e piano que se forma en maio de 2011, coa posta en funcionamento do seu proxecto Mixtura. Mestura entre clásico e tradicional cunha soa finalidade de entender a música.Quen somos?Unha mestura innovadora de músicos; Andrea García González (pianista), Felipe Rea Otero (gaiteiro) que coincidimos na posta en marcha deste proxecto coa idea de ofrecer un espectáculo musical cargado de connotacións históricas e formativas ao longo da popularidade dos instrumentos que protagonizan a nosa exposición tradicional; espectáculo, que por agora só tiña cabida nalgúns conservatorios nos que se potencia os seus creadores e os novos intérpretes.
Contratación
Academia de música QUODLIBETFelipe Rea Otero (+34) 689 239 870 - (+34) 689 239 870 felipe@quodlibetpontevedra.es